As Pontes acolle unha reunión de coordinación do plan de emerxencia da Presa de Ribeira

O salón de actos da Casa Dopeso acolleu, a segunda semana de decembro, unha reunión de coordinación do Plan de Emerxencia da Presa da Ribeira, integrado dentro do Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións en Galicia (INUNGAL)

Durante o xornada, que contou coa presenza do xefe do servizo provincial de Emerxencia da Xunta de Galicia, o xefe de control das actuación do dominio público hidráulico de Augas de Galicia, a xefa da Unidade de Protección Civil da Delegación do Goberno de Galicia, así como representantes de Endesa, Garda Civil, Policía Local dasPontes, o Parque de Bombeiros do Eume e Protección Civil e Viaqua, o alcalde das Pontes, Valentín Gónzalez Formoso, subliñou a importancia deste encontro que “nos permite coñecer todo o traballo que se ve desenvolvendo, desde fai anos, no ámbito da seguridade na presa da Ribeira así como establecer cales son os seguintes pasos a dar de cara a informar a toda a poboación sobre as actuación e medidas contempladas neste plan e estar preparados ante calquera posible continxencia.”

Nese sentido, o alcalde das Pontes avanzou que durante o primeiro trimestre de 2025 comezará unha rolda de encontros informativos coas diferentes entidades veciñais da vila para dar a coñecer o plan de emerxencias da Presa de Ribeira así como os protocolos e medidas de actuación en caso de risco de rotura.

Así mesmo, González Formoso apuntou que a “seguridade é un tema que sempre está sobre a mesa e cando se fala da presa da Ribeira máis. A poboación debe estar tranquila, trátase dun plan de carácter preventivo que nos ofrece medidas concretas para actuar de xeito correcto ante unha posible emerxencia. O Concello das Pontes conta desde o ano 2022 cun Plan Municipal de Emerxencias, cumprindo coa lexislación vixente, no que se avalían diferentes niveis de risco ante a posible rotura da presa da Ribeira, e no que se establece a organización e actuación dos medios humanos e técnicos do Concello para facer fronte a calquera emerxencia para conseguir a máxima protección da poboación e reducir os danos que puidesen producirse nos bens e servizos esenciais”.

Así o Plan de Emerxencias do Concello das Pontes establece as correspondentes zonas de inundación, segundo os diferentes escenarios resultantes dun análise de riscos producidos pola hipotética rotura da presa da Ribeira, os elementos vulnerables tales como vivendas, infraestruturas básicas, establecementos hostaleiros e comerciais así como equipamentos educativos, culturais ou deportivos.

O Plan de Emerxencia marca tres fases de actuación, unha fase de preemerxencia na que se alerta ás autoridades e servizos implicados sobre a mesma e na que se informa á poboación potencialmente afectada, unha fase de emerxencia, na que se pon en marcha todas as medidas contempladas no plan para garantir a protección da poboación e unha terceira fase, posterior á emerxencia, que ten como obxectivo o restablecemento das normalidade nas zonas afectadas.

O plan tamén reflicte a organización dos equipos humanos e técnicos implicados e as súas función así como o método de implantación de dito plan no que se inclúe información sobre os criterios de activación do plan, os diferentes procedementos de actuación, ás medidas de protección da poboación que se deben poñer en marcha, os protocolos de coordinación dos equipos de emerxencia e organismos implicados na mesma así como a posta en marcha dos sistemas de información á poboación.

Lea también

Valdoviño ofrece un taller de disfraces para los niños que participen en la Cabalgata de SSMM

Un año más, el Ayuntamiento de Valdoviño invita a los niños a acompañar a sus …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *