Narón solicita á conselleira de Vivenda melloras en infraestructuras e vivendas públicas

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, mantivo este venres 20 no Concello unha reunión coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, para abordar nunha reunión de traballo diversos temas relacionados coas citadas áreas.

Un dos asuntos que a alcaldesa puxo sobre a mesa, tal e como xa lle trasladou no seu día ao titular do goberno autonómico, Alfonso Rueda, son as necesidades de melloras en varios viais de titularidade autonómica, como a estrada de Cedeira (AC-566), sobre a que se presentou un proxecto no que se recollen todas as actuacións que precisa este vial, un dos máis transitados da zona urbana.

Entre as estradas para os que se requeriron melloras está tamén a estrada AC-116 (de San Mateo a Vadoviño) e a AC-112 (de Pedroso). Tamén se solicitaron melloras na estrada de Castela (AC-862).de de construír vivenda de promoción pública en Narón, para o que a rexedora local reiterou á conselleira a disposición a colaborar coa cesión de terreos municipais nos que se podería construír.

Ferreiro indicou que o colectivo de mozos de Narón de entre 18 e 35 anos, segundo os últimos datos do censo, supera as 6.500 persoas, incidindo en que coa construción desas vivendas se lles facilitaría a posibilidade de ter acceso a este tipo de inmobles na propia cidade.

A rexedora local acudiu previamente á zona na que se executan os traballos da glorieta de acceso ao polígono de Río do Pozo (AC-116), un encontro ao que a maiores tamén se desprazaron a conselleira, a delegada territorial e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez. “Quero agradecer a visita da conselleira a Narón, a súa boa dispoñibilidade e tamén este investimento para unha obra tan demandada como esta glorieta de acceso ao polígono que era unha vella demanda do Concello”, apuntou a alcaldesa.

Lea también

Club Arco Narón obtiene muy buenos resultados en el Campeonato Gallego indoor

A lo largo de este pasado fin de semana se celebró en el pabellón de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *