Maxia e panxoliñas en Fene no arranque do Nadal

As actividades de Nadal que organiza a concellería de Cultura de Fene trasládanse esta fin de semana ás sociedades do Concello. O local da AVV de Magalofes acolle este venres, ás 20 horas, o espectáculo de maxia Magic Mateo Show e nas instalacións do CMI Unidade de Fene celebrarase o sábado, ás 20 horas, o XXII Festival de Panxoliñas Concello de Fene.

Tamén se anuncia para este venres, ás 17 horas, na Casa da Cultura o Festival de Nadal das Escolas Municipais de Música, coa participación do alumnado das actividades de solfexo, piano e guitarra. A entrada en todos os casos será libre e de balde até completar o aforo. A continuación detállanse as tres actividades previstas para esta fin de semana.

Venres, 20 de decembro de 2024

FESTIVAL DE NADAL DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA
Salón de Actos da Casa da Cultura ás 17.00 horas
Dirixida a tódolos públicos, con e ntrada de balde y aforo limitado
Concerto de Nadal dos/as alumnos e alumnas da Escola Municipal de solfexo, piano e guitarra..

MAGIC MATEO – “MAGIC MATEO SHOW”
Local Social da AVV San Xurxo de Magalofes ás 20.00 horas; Dirixido a tódolos públicos, con entrada de balde y  aforo limitado. Colabora: AVV San Xurxo de Magalofes y patrocinado polo programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

“Magic Mateo Show” é un espectáculo de maxia familiar que busca tocar todas as ramas da arte do ilusionismo. Mestura maxia, humor e participación do público. Un espectáculo para gozar en familia e pasar momentos cheos de ilusión da man dun dos ilusionistas máis novos do panorama máxico galego.
Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=CBd-hbQ6QWo

 

 

Sábado, 21 de Decembro de 2024

XXII FESTIVAL DE PANXOLIÑAS – CONCELLO DE FENE
Local social CMI Unidade de Fene; Dirixido a tódolos públicos, con entrada de balde. Colabora: CMI Unidade de Fene

Participantes:

Coral Polifónica Agarimo de Sillobre
Na noite máis fermosa
Mariñeiro
Boliños do Pote
Fisterra

Coral Polifónica O Pote de Maniños
Adeste fideles
Noite de amor
Navidad
Gloria al Señor

Rondalla Estrelecer
Do ceo baixou un anxo
Que pobre é o neno
Bicos e paz
O noso Nadal

Lea también

Chega a Ares O ‘western’ á galega de ‘Vaites, rapariga’ cargado de comedia negra

Carmen ‘Lingua Afiada’ Conde e Su Garrido ‘Guitarra Lenta’ Pombo aterrarán en Ares cun espectáculo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *