Narón acolle a conferencia “Actividade física e saúde mental”

O local social do Alto do Castiñeiro de Narón acolle este venres 20 a última conferencia e obradoiro práctico deste ano do programa municipal A saúde mental importa.

Para pechar os actos da Semana da saúde mental, Jorge Cabana, licenciado en INEF, e Paula Paz, traballadora social, falarán sobre “Actividade física e saúde mental”, un obradoiro práctico que dará comezo ás 19:00 horas, tal e como indicou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo.

A edil naronesa incidiu na boa acollida que teñen as conferencias e obradoiros vencellados ao tema da saúde mental, en canto que “proporcionan ás persoas unha serie de ferramentas e recursos a través das que poder facer fronte a unha problemática deste tipo, que afecta tanto á persoa que a padece como á súa familia e amizades”.

Lea también

Aberto o prazo en Narón para reservar praza na sesión multidisciplinar “Coñecendo a Andersen”

A concelleira de Bibliotecas de Narón Olga Ameneiro, anunciou a apertura do prazo, na tarde desde …