O consello sectorial da Lingua en Ferrol avanza a programación do vindeiro ano´25

A concelleira de Normalización Lingüística de Ferrol, Patricia Cons, presidiu a última reunión do ano do consello sectorial da Lingua, na que se deu conta dos programas de dinamización lingüística en marcha e dos previstos para o primeiro trimestre do 2025.

Así a última actividade este ano será Apego Festal Nadal prevista para o sábado 28 na praza de Armas, comezando xa ás 12.30 horas cun espectáculo de contos que seguirá pola tarde a partir das 16.30 horas.

Para o primeiro trimestre do 2025 está previsto o Club de Debate (xaneiro-abril). O prazo de inscrición finalizou o pasado 25 de novembro e participarán dous equipos do IES de Canido, un do IES Concepción Arenal e outro do IES Saturnino Montojo. Na fase na que se inclúe Ferrol están integrados tamén os concellos de Narón, Pontedeume e Carballo e participarán un total de 104 nenos.

Tamén a través do departamento de Normalización Lingüística, en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, convócase o XXV certame de creación artística poesía e imaxe En Galego sen filtro. O certame vai dirixido a todos os niveis de ensino non universitario.

En marzo, chega o ciclo de cine En galego de película, a tamén para todo o alumnado de ensino non universitario de Ferrol e parte de comarca. E de febreiro a marzo, levarase a cabo unha nova edición de Apego para as escolas infantís, así como actividades para nenos con idades entre os seis meses e os oito anos.

O sábado 1 de febreiro terá lugar a entrega dos premios Youtubeiras+2024, que se celebrará no pazo da Cultura en Narón.

Lea también

La Xunta licita la construcción de 24 viviendas promoción pública en el barrio ferrolano del Bertón

Se trata de un edificio de bajo y tres plantas de altura, con 8 viviendas …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *