A Cabalgata de Papá Noel percorre Ares na tarde deste martes 24 de decembro

Chegado dende o círculo polar ártico, Papá Noel xa ten unha data reservada para que os pequenos de Ares poidan velo e falar con el: durante a tarde do 24 de decembro, a concellaría de Cultura organizará a súa cabalgata, e non deixará parroquia sen visitar no seu percorrido.

Coma novidade con respecto a outros anos, Papá Noel iniciará o itinerario na Praza do Pedregal de Redes máis temprano, saíndo dende alí ás 16:00 horas para logo encarar o camiño cara Barracido, Pedrós, Chanteiro e Cervás. Dende este último punto emprenderá a saída cara Ares, onde se lle sumarán as carrozas que desfilarán conxuntamente con el polas rúas do núcleo urbano.

A cabalgata tamén percorrerá Porta do Sol, o paseo marítimo da localidade e varias arterias do centro de Ares, para logo rematar o itinerario na Alianza Aresana. Será no seu interior onde Papá Noel baixará da carroza e comezará a recibir a todo quen desexe falar con el, escoitando os bos desexos para estas datas de Nadal. Cos seus axudantes sempre ao carón, principiará a súa recepción aproximadamente ás 18:15 horas.

Con todo, se as condicións meteorolóxicas non o permiten, a cabalgata realizará só visita ás parroquias e acurtará o percorrido para dirixirse directamente á recepción na Alianza Aresana.

Dende a concellaría de Cultura estenden o seu agradecemento á Sociedade Cultural o Tilo, fundamental na materialización da cabalgata, así como a Protección Civil de Ares e a Policía Local.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …