A Deputación achega 179.083,56€ á renovación do campo de fútbol Manuel Candocia

A Deputación da Coruña achegará 179.083,56 euros para a renovación do céspede artificial do campo de fútbol Manuel Candocia, en As Somozas. O presidente provincial, Valentín González Formoso, e ao alcalde, Juan Alonso Tembrás, asinaron no Concello das Somozas o convenio de colaboración entre ambas institucións.

Con esta achega, a Deputación financia o 80% do custo total dos traballos, que contan cun orzamento total de 223.854,46 euros para a substitución do firme da instalación deportiva. A mellora arrincará coa retirada do actual céspede artificial para verificar o correcto estado da capa soporte antes de instalar o céspede artificial de última xeración para a práctica de fútbol.

Dito composto está composto por unha banda elástica prefabricada e composta de escuma de polietileno expandido, o céspede artificial, que conta con filamentos en verde tricolor de 45 milímetros de altura e un baseamento de dobre capa de propileno.

Este investimento de case 180.000 euros súmase aos 562.393,77 euros dos que o Concello das Somozas disporá en 2025 para financiar obras e servizos a través do Plan Único.

Lea también

El fútbol aficionado provincial vive su gran fiesta con la fase final de la Copa Diputación

Cientos de aficionados se congregan en Miño para disfrutar de los partidos de semifinales y …