O espíritu do Nadal tamén se estende pola Biblioteca Municipal de Ares

Dende o 9 de decembro, a biblioteca aresá conta con diferentes iniciativas culturais para celebrar o Nadal, conectando a literatura con estas datas de bos desexos, propósitos de aninovo e moitas historias.

Por iso, calqueira veciño que o desexe pode achegarse até as súas instalación e comprobar o que preparou o seu equipo bibliotecario. E botar, por exemplo, unha ollada á ‘Mesa do Nadal’, unha escolma de libros infanto- xuvenís e para adultos con narracións ambientadas nesta época do ano, dende novelas de John Grisham ás aventuras do Apalpador ou contos moi invernais.

E despois diso, tamén se pode desfrutar e inmortalizar o momento da lectura no photocall tematizado que está dispoñible ata o martes, 7 de xaneiro.

A estas dúas iniciativas sumóuselle a Campaña de Libros x Alimentos no Nadal, que adiantou a súa data de remate por motivos loxísticos ó 17 de decembro, mais permitiu á veciñanza intercambiar alimentos non perecedoiros por libros de segunda man, axudando co seu xesto a Cáritas de Ares. Unha biblioteca en movemento para celebrar o Nadal!

Lea también

La Xunta destaca en Mañón la contribución del programa Leader para crear empleo en zonas rurales

La conselleira de Medio Rural, María José Gómez, ha destacado la contribución del programa Leader …