«Canta Música» leva en Fene a música tradicional galega ao público infantil

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acolle este xoves 19 de decembro, ás 18.30 horas, o espectáculo de Pablo Díaz e Olga Kirk “Canta música”. Trátase dunha función de bailes, xogos-baile, canto, e música, dirixida a nenos cunha idade comprendida entre os 4 e os 9 anos.

No decurso da mesma os asistentes participarán de xogos bailables tradicionais e de bailes e cancións dunha maneira activa, rematando o espectáculo cunha gran muiñeira conxunta. A entrada será libre e de balde até completar o aforo.

Organiza a concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Lea también

La Sala Curuxeiras del puerto de Ferrol acoge la exposición “Sensaciones” de Chechela García

La Sala Curuxeiras del puerto de Ferrol acoge una nueva exposición de pintura. Se trata …