Pilar Pallarés e Eva Veiga presentarán en Ferrol “Anacos dunha lembranza” a obra póstuma de Miguel Ángel Vilar Bujía

Este xoves 19 de decembro ás 19 horas, no Casino Ferrolán, a Premio Nacional de Poesía (2019), e prologuista da obra, Pilar Pallarés, e a Premio Galicia de Comunicación, e poeta Eva Veiga presentarán a obra póstuma do ferrolán Miguel Ángel Vilar Bujía(Gelos), «Anacos dunha lembranza», na que segundo a súa prologuista, o autor estanos a “amosar as experiencias e sentimentos que a peneira da vida escolmou e salvou, aquilo que mais seriamente posuímos e nos posuí, aquilo que a final nos constituí”.

Toda unha declaración de principios sobre a obra dun autor que nado en Cangrexeiras- Canido (Ferrol, 1938-2001), fixo estudios no colexio Tirso de Molina e foi membro da Confraría de Dolores. Despois de trasladarse coa súa familia a Vigo, seguindo a tradición familiar, ingresou na “Escola Naval Militar” de Marín, onde acadou o número un da súa promoción. Mariño de vocación e devoción, retiraríase 30 anos despois, como Coronel de Intendencia.

Pero aínda que a súa formación e carreira levouno a ser un home “de ciencias”, destacou por ser un extraordinario compañeiro, fraternal amigo e tamén soubo ser artista: foi escritor (varios libros no ámbito profesional e varios artigos, por e para os  seus amigos), debuxante, e poeta con maioría da obra en lingua galega.

A publicación de “Anacos dunha lembranza”, a obra póstuma de Miguel Ángel Vilar Bujía (Gelos), cumpre un dobre obxectivo: o dar a coñecer publicamente a súa recoñecida linguaxe poética e brindar un afervoado homenaxe ao seu autor, no acto que terá lugar o xoves 19 de decembro no Casino Ferrolán, na que poderemos afondar na súa obra na intervención de Pilar Pallarés e na lectura poética da mesma na de Eva Veiga.

Lea también

Presentación del libro «Memoria histórica de Covas, Esmelle e San Xurxo»

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, asistió en el local de la AVV de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *