Inscrición en Narón no curso ComDix iniciación

A Aula Cemit de Xuvia acolle o vindeiro ano dúas edicións dun curso de continuación ComDix-iniciación: administración electrónica a tecnoloxías con “sentidiño”.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, explicou que se impartirá unha edición en horario de mañá, de 9:30 a 13:30 e outra no de tarde, de 16:00 a 20:00 horas, en ambos casos dende o 8 de xaneiro ao 28 de febreiro. Cada edición ofrecerá 12 prazas e as inscricións poderán realizarse a partir do luns 16 de decembro ás 9:00 horas na plataforma Cemit.

O curso consta de 152 horas en total, nas que se abordarán os seguintes contidos: ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica (55 horas); ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia (55 horas) e ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital, tecnoloxía “con sentidiño” (42 horas).

Lea también

O punto informativo sobre a prevención do acoso escolar estivo operativo no acceso ao Concello de Narón

O punto informativo municipal sobre a prevención do acoso escolar permaneceu operativo na mañá deste …