A Subdelegada do Goberno, María Rivas López visita San Sadurniño

A subdelegada do Goberno, María Rivas López, visitou esta semana a Biblioteca Municipal de San Sadurniño na compaña do alcalde, Secundino García Casal, e da concelleira de Cultura, Ara Bellas Castro, para interesarse por este servizo que en 2024 foi merecente dun dos galardóns da Campaña María Moliner do Ministerio de Cultura, polo seu labor de dinamización da lectura a través do proxecto Lendo En San Sadurniño, coordinado pola bibliotecaria Anabel Gavín.

Fotografía Ara Bellas

O servizo recuperou os seus horarios, abrindo pola semana todas as mañás e tamén nas tardes dos luns, martes, xoves e venres de 16:00 a 20:00h

Ademais de comentar coa subdelegada a función sociocultural tan importante que desenvolve a biblioteca, con máis de medio cento de participantes nos clubes de lectura de rapazada e persoas adultas (un deles no Centro de Día), Secundino García tamén aproveitou para recordarlle a Rivas varias demandas que xa se lle trasladaran anteriormente ao Goberno do Estado e que están pendentes de concretarse.

As dúas máis reseñables son a de que o Ministerio de Cultura se implique economicamente nunha nova fase de consolidación e coñecemento do castelo de Naraío, así como a necesidade de levar a cabo a rehabilitación urxente da cuberta e a mellora da eficiencia enerxética da parte do Convento do Rosario que alberga a Casa da Xuventude e o posto da Garda Civil. Asuntos cualificados polo rexedor como «importantes» que a delegada se comprometeu a estudar cos departamentos responsables para ver a súa viabilidade.

Lea también

Axenda en Cabanas da fin de semana

Sábado 14 Ás 13h comezan as Festas de Santa Eulalia de Soaserra coa misa solemne, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *