Axenda en Narón do 14 de decembro

Sábado 14 de decembro de 2024

Actividade: I Xornada Patrimonio Industrial de Ferrolterra Hora: De 9:45 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 horas. Lugar: Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX)

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol organiza, en colaboración coa Deputación da Coruña esta xornada de patrimonio industrial, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde e con entrada libre. A programación ao completo pode consultarse na web: naron.gal.

Actividade: Festa infantil solidaria. Hora: De 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas. Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)

O Concello colabora na oganización deste evento, cuxa recadación se destinará íntegramente ao colexio CEIP Fernando Baixauli Chornet, de Valencia, afectado polos efectos da DANA. As entradas poden adquirirse nos parques Bule Bule, Burbujas, IlusionArte e Capuchino a un prezo de 5 euros.

Actividade: “Efectos da soidade non desexada na saúde das persoas e abordaxes dende a comunidade” Hora: 11:00 horas. Lugar: Café Teatro do Pazo da Cultura

O programa municipal A saúde mental importa continúa este mes con novas conferencias e obradoiros dirixidos a diferentes sectores da poboación. Os conferenciantes serán Matilde Fernández, presidenta do observatorio estatal de soidade non desexada; Bruno Casal, da UDC; Trinidade Lorenzo, de Cruz Vermella e Gonzalo Berzosa, psicólogo, pedagogo e presidente de Ceate. A entrada é libre ata completar a capacidade.

Actividade: Obradoiro de Nadal. Hora: 11:00 horas. Lugar: Biblioteca municipal

A Bibilioteca acollerá un obradoiro para nenas e nenos a partir de 4 anos no que aprenderán a realizar adornos propios destas datas de Nadal. A actividade require inscrición previa.

Actividade: Teatro, Camino al zoo Hora: 20:00 horas. Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Pentación trae a Narón este espectáculo, protagonizado por Fernando Tejero, Dani Muriel e Mabel del Pozo. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

«Tardes xuvenís» en Narón ofrece actividades e obradoiros na Casa da Mocidade

A mocidade de Narón poderá participar este mes no proxecto Tardes xuvenís, impulsado dende o …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *