«Tardes xuvenís» en Narón ofrece actividades e obradoiros na Casa da Mocidade

A mocidade de Narón poderá participar este mes no proxecto Tardes xuvenís, impulsado dende o Concello e que se desenvolverá do 21 ao 24 e do 26 ao 27 deste mes na Casa da Mocidade, na Gándara. O edil responsable da área, Ibán Santalla, animou ós mozos de entre 12 e 16 anos a acudir ás actividades e obradoiros programados no marco desta iniciativa, que se levará a cabo en horario de tarde, dende as 17:30 ata as 20:30 horas e con entrada de balde. Na Casa da Mocidade habilitaranse tres espazos diferenciados nos que a mocidade poderá participar libremente. Un deles será de xogo comunitario, con xogos recreativos, de mesa, un futbolín, tenis de mesa, dardos…outro adicarase ao debuxo e a pintura libre con materiais para participar e un terceiro será de videoxogos, con equipos con diversos xogos de diferentes contidos de temática xuvenil, tal e como avanzou Santalla.

A maiores, programáronse varios obradoiros, para cuxa participación si será preciso inscribirse, podendo facelo, de balde, a través do enlace: https://gplus.typeform.com/to/Jrrga9LB.

O primeiro deles será un xogo de rol, o sábado 21, para explorar diferentes tipos de personaxes históricos, co fin de fomentar a creatividade e imaxinación, así como o traballo en equipo, a comunicación e toma de decisións dos participantes. O día 23 deste mes levarase a cabo un scape room no interior e nas inmediacións da Casa da Mocidade, para fomentar o traballo en equipo e a autoestima, ao tempo que as habilidades á hora de resolver conflitos e deducir.

Así mesmo, o día 24 será o turno do obradoiro de fotografía, unha proposta para realizar a través do móbil ou Tablet e na que se informará, entre outras cousas, sobre como protexer a información persoal nas redes sociais e realizar un uso seguro das diferentes plataformas. As dúas últimas xornadas de obradoiros serán os días 26 e 27 deste mes.

O xoves 26 programouse un sobre lettering e rotulación, moi creativo e dirixido a persoas principiantes e tamén a aquelas que xa teñan algo de experiencia nesta área. Na sesión daranse a coñecer os trazos básicos verticais, horizontais, curvas e liñas e tamén se realizará unha introdución á práctica de aplicación da presión para conseguir diferentes grosores e mellorar a composición.

Finalmente, o día 27 celebrarase un obradoiro de karaoke como un modo de fomentar a cohesión grupal e pechar cun gran momento este programa de Tardes xuvenís.

Lea también

Axenda en Narón do 14 de decembro

Sábado 14 de decembro de 2024 Actividade: I Xornada Patrimonio Industrial de Ferrolterra Hora: De …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *