Á venda en Narón as entradas para a Festa infantil solidaria pola DANA

As entradas para asistir á Festa infantil solidaria que se celebrará en Narón este sábado no pavillón da Mocidade, na Gándara, están xa á venda. As persoas interesadas en asistir poderán adquirilas nos parques Bule Bule, Burbujas, IlusionArte e Capuchino, tal e como recordou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo.

O Concello colabora con estas empresas e con Fiestoke, Multiocio ET, Gazapo e La Guagua, na organización desta convocatoria. A recadación íntegra destinarase ao colexio CEIP Fernando Baixauli Chornet, afectado pola DANA en Valencia, tanto a nivel de construción como por roubos posteriores. A festa desenvolverase en horario de mañá e tarde, de 11:00 a 14:00 e dende as 16:30 ata as 20:30 horas e o custe da entrada é de 5 euros (únicamente vale para un acceso ao recinto).

Tamén se poderán realizar donativos a través da fila 0, na conta: ES34 3159 0011 1523 9717 7822, do propio centro de ensino valenciano. Entre as propostas desta xornada para nenas e nenos haberá inchables, pintacaras, tatuaxes, obradoiros de Nadal, visita de personaxes, sorteos de agasallos –doados por establecementos da cidade e comarca-.

A convocatoria estará tamén amenizada polas exhibicións de baile de academias como Danza Paloma, Paso a Paso, Un Paso Adelante… .

Lea también

Un hombre herido al ser atropellado en un paso de peatones en la carretera de Castilla, en Narón

Un hombre resultó herido sobre las 8,30 horas de este miércoles al ser atropellado en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *