Conclúen nas Pontes as obras de mellora dos camiños rurais en Veiga da Nata

O Concello das Pontes deu por concluídas as obras de mellora dos camiños rurais de acceso a parcelas agrícolas en Veiga da Nata, un proxecto cun orzamento de 34.531 euros con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa Inviste no Rural.

A actuación tivo como obxectivo prioritario mellorar a seguridade viaria e evitar que se siga producindo a degradación do camiño a través da rehabilitación do mesmo para dotalo dunha óptima calidade, tanto superficial como estrutural para aumentar a comodidade e seguridade que esixe este tipo de viarios.

Entre os traballos realizados incluíuse o varrido de superficie e limpeza de marxes así como a limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invadía os viario.

Reparáronse as fochancas e zonas afundidas existentes e o afirmado realizouse mediante a extensión dunha nova capa de rodaxe mediante dobre rego asfáltico. As obras remataron coa reposición da sinalización horizontal e vertical correspondente segundo a lexislación vixente.

Lea también

La foodtruck de Galicia Sabe Amar visita Neda para ofrecer al público degustaciones gratuitas

La campaña Galicia Sabe Amar regresa a Neda, y una de sus foodtrucks permanecerá este …