Oito toneladas de productos parte de Narón cara á localidade valenciana de Utiel

Un camión cargado con preto de oito toneladas de diferentes produtos partiu este luns día 9, ás 9:30 horas, das instalacións do Centro de Recursos Solidarios cara á localidade de Utiel, en Valencia. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, achegouse ao CRS xunto co presidente da Asociación Centro de Recursos Solidarios, José Manuel González, no momento no que se procedía á carga do vehículo, que se prevé que tras unha parada en Madrid estea mañá a primeira hora descargando no municipio de destino.

A localidade de Utiel foi unha das máis afectadas pola DANA, considerada unha das zonas cero da catástrofe rexistrada o pasado mes de outubro. Dende o Concello de Narón contactaron co municipio para tratar de colaborar e achegar axuda solidaria proporcionada por numerosas veciños de Narón e comarca e tamén algunhas empresas, centros de ensino e establecementos.

Comida precociñada –fabas, albóndegas, legumes…-, pasta, azucre, cacao, café, conservas de pescado e vexetais, arroz, fruta en conserva, cereais, leite… forman parte dos alimentos clasificados nos diferentes palés con destino ás familias de Utiel. Así mesmo, tamén se enviaron produtos de hixiene persoal, material escolar, útiles de limpeza, artículos de limpeza do fogar e botellas de auga.

A concelleira de Benestar Social agradeceu, ao igual que os responsables do Centro de Recursos Solidarios de Narón, “as aportacións realizadas para poder colaborar coas persoas que sufriron e sofren aínda os graves efectos desta catástrofe”.

María Lorenzo quixo tamén destacar “a implicación do persoal do Centro de Recursos Solidarios e do persoal voluntario que se achegou para botar unha man clasificando e embalando todo o material que enviamos” e a colaboración “da empresa de transportes Caamaño e Hijos S.L.U. que realizará a viaxe ata Valencia para entregar as doazóns en Utiel”.

Lea también

O pazo da Cultura de Narón acolle diversos espectáculos no primero trimestre do ano

A programación do primeiro trimestre de 2025 no Pazo da Cultura traerá a Narón a …