Ferrol en Común manifesta tristura e descontento coa concellería de Xuventude

Ferrol en Común critica «a última actividade realizada dende a concellería de Xuventude que consistiu nun programa en directo dende o Torrente Ballester denominado Ferrol 5G onde o principal obxectivo era achegar as institucións e as empresas á nosa xuventude falando das posibilidades laborais da cidade».

«Unha actividade cun custo de 18.029 euros chea de anomalías e cun nulo impacto na xuventude da cidade de Ferrol que era o público obxetivo. Por un lado comezamos vendo como na rede social creada para tal evento as intervencións tanto do concelleiro de Xuventude como dunha das persoas contratadas para a súa difusión vulneran a lei de Normalización Lingüística deste concello facendo as diferentes intervencións en castelán, sendo a lingua vehicular o galego».

«Outra das anomalías é que dentro desta intervención en dita rede social fálase de diferentes reunións co colectivo onde afirma “escoitar a toda a xuventude e as súas preocupacións”.

«Na Comisión correspondente preguntamos se tivera lugar algunha acción participativa coa xuventude para facer tal afirmación xa que é unha demanda dende que o Partido Popular comezou o seu goberno e se nos responde que foron de de carácter informal e engadiuse que se tivera 3 reunións coas entidades Xeración, OJE e Scouts, entidades que non representan a toda a xuventude de Ferrol como se afirma».

«Para rematar e sen esquecer o alto importe económico desta actividade, o impacto na xuventude foi pésimo, das 70/80 persoas que informa o concelleiro que asistiron, nin o 50% foi xente moza a pesar de ser o público ao que ía dirixido».

Con todo isto, dende Ferrol en Común «queremos expresar a nosa tristura e descontento unha vez máis co pasotismo que ten este goberno cara unha área clave como é a de xuventude, sen ningún tipo de planificación e sen obxectivos claros, sen ningún órgano participativo e de escoita e sen valorar a importancia que ten que a xuventude de Ferrol teña un lugar propio e a necesidade dun profesional da animación sociocultural que dinamice e poña en valor a nosa mocidade».

Lea también

En marcha la obra para crear un área de salud mental Infanto-Juvenil en el CHUF. Incluye un nuevo hospital de día

Ya está en marcha la obra para la creación de una amplia área de atención …