O BNG de Ferrol lamenta que se antepoña a unidade de España para definir o marco político do Estado

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol explicou que o BNG «non participou do acto institucional de conmemoración da aprobación da Constitución Española porque cada vez se fai máis evidente que a Constitución é un marco político superado e constrinxido que impide a nacións como a galega exercer de maneira plena a súa vontade, que salvagarda a unha institución anacrónica como a monarquía ou que consagra o pago da débeda como prioridade fronte a prestación de servizos básicos como a sanidade ou o ensino».

Iván Rivas lamentou «que o alcalde da cidade antepoña a indisoluble unidade de España por riba da vontade democrática das persoas como criterio prioritario para definir o marco político do Estado».

Lea también

La Casa da Muller en Ferrol sufrirá una transformación para mejorar su atención a las usuarias

El gobierno de Ferrol ha aprobado el proyecto básico y de ejecución de reforma de …