A Biblioteca de Narón acolle a presentación da novela Terpeno de Emilio Tresgallo

A Biblioteca municipal de Narón acolle o vindeiro día 11 a presentación de Terpeno, de Emilio Tresgallo. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que o acto, aberto á asistencia do público en xeral, dará comezo ás 18:30 horas na sala multiusos da planta soto.

Trala finalización da convocatoria as persoas que o desexen poderán adquirir exemplares desta publicación. Aínda que nado na localidade cántabra de Cuchía, Emilio Tresgallo reside dende hai anos en Narón. Doutor en Pedagoxía e colaborador da Universidade Internacional de Valencia, orientou a súa carreira profesional á investigación sobre o acoso escolar.

Terpeno é a súa primeira obra de ficción, unha novela ambientada na súa localidade natal e que el mesmo define como “un canto á amizade verdadeira e inquebrantable, á familia que sempre está presente para coidar, mimar, exixir e, sobre todo, abrir horizontes e dar resposta á “fame natural” dos nenos; unha fame que lles permite descubrir o mundo e crecer emocionalmente de forma sana, natural e equilibrada”. A novela está orientada a público xeral e adulto.

O autor conta coa súa propia canle en YouTube, podendo acceder á mesma a través do enlace: https://www.youtube.com/@emiliotresgallo9342.

Lea también

Un hombre herido tras una salida de su vehículo, que colisionó contra un poste, en Narón

Pasadas las siete de la mañana de este miércoles, día 10 de junio, se registró …