La SGHN organiza un obradoiro de iniciación ao debuxo da natureza

Será nas instalacións do Museo de Historia Natural e os participantes poderán debuxar os fondos co fin de adquirir uns coñecementos mínimos sobre as técnicas de debuxo do natural.

A delegación de Ferrol da Sociedade Galega de historia Natura (SGHN) ofrece baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, un obradoiro de iniciación ás técnicas de debuxo da natureza.

Este será impartido polo ilustrador e naturalista ferrolán Calros Silvar, e terá unha duración de 7 horas en dúas sesións repartidas na tarde do venres 13 e a mañá do sábado 14 deste mes de decembro. A actividade é de balde para persoas asociadas á SGHN, e ten un custe de 10 € para aquelas que non o estean.

O docente, Calros Silvar, é autor de numerosos traballos de ilustración e tamén é coautor de moitas obras publicadas por diversas editoriais. Licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, tamén fixo traballos de caricaturista e humorista gráfico dende 1978, e foi deseñador de produto en Cerámicas do Castro, do Grupo Sargadelos, entre os anos 1980 e 2010.

Como debuxante da natureza, foi autor de ilustracións nas guías de campo de Galicia de aves, árbores, fentos, fungos, anfibios e réptiles, mamíferos, macroalgas e libélulas entre outras. Algunhas destas guías adaptáronse a outros idiomas.

Lea también

Afundación de Ferrol acoge la exposición retrospectiva de Antonio Mingote «La inteligencia del trazo»

La muestra, realizada en colaboración con la Fundación Mingote, reúne más de cien obras que …