Campaña solidaria en Narón de recollida de xoguetes para o Nadal

A concelleira de Igualdade do Concello de Narón, María Lorenzo, e o presidente da Asociación Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón, José Manuel González, presentaron a campaña solidaria de recollida de xoguetes que o Concello e a citada entidade impulsan un ano máis na cidade baixo o lema “Regala sorrisos”.

A partir do vindeiro luns poderán entregarse no Centro de Recursos Solidarios, na Gándara (xunto ao Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz). Entre esas mesmas datas, dende o vindeiro luns ata o 20 deste mes, tamén se recollerán nos centros de ensino de Narón, na Biblioteca do Alto, na escola infantil municipal da Gándara, no Centro Comercial Narón, na Escola de Especialidades Antonio de Escaño e nas instalacións do SPEIS, no polígono de Río do Pozo.

Os xoguetes deben estar en bo estado, cumprir coa normativa de seguridade e conservar todas as pezas orixinais. No caso de levar pilas, agradécese que se inclúan para poder entregar o xoguete en condicións de funcionar e se son peluches ou bonecos con roupa que estea sucia, é convinte lavalos.

A maiores, levarase de novo a cabo unha campaña de recollida de doces de Nadal, entre o 9 e o 22 deste mes no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e no centro de maiores das Vivendas da Mariña, donde se poderán entregar mazapáns, polvoróns, turróns, mantecados e outros doces propios das datas do Nadal.

As familias vulnerables de Narón que queiran recibir algúns dos xoguetes desta campaña deben solicitalo no Rexistro do Concello dende o 9 ao 20 deste mes. Entre os requisitos que deben cumprir as persoas que se anoten están: ter  fillos de entre 0 e 14 anos, aos que se entregarán dous xoguetes usados, un novo, un libro e un peluche, en función das existencias. A entrega realizarase os días 3 e 4 de xaneiro nas instalacións do Centro de Recursos Solidarios de Narón.

Para obter máis información pódese contactar coa Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón, a través do teléfono 881 30 83 49 ou 634 555 663 – de 10.00 a 13.00 horas e de 17:00 a 19:00- ou o mail crsnaron@gmail.com. Así mesmo, a través deses teléfonos ou mail poderanse inscribir aquelas persoas interesadas en colaborar na clasificación do material recibido e no empaquetado dos xoguetes que se entregarán ás familias. Tamén se pode contactar co Servizo Sociocomuntario de Narón, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

Dende o Concello e o CRS animaron ás persoas que poidan colaborar a que doen algún xoguete ou doces de Nadal para axudar ás familias máis vulnerables da cidade, contribuíndo para que poidan desfrutar tamén destas datas de Nadal, co que implican tamén para os nenos.

Lea también

Odeón inicia este jueves sus clásicos Talleres de Navidad en los que los niños podrán hacer manualidades

El Centro Comercial Odeón pondrá en marcha en Narón a partir de este jueves sus …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *