As Pontes premia a creatividade culinaria dos mellores sabores a base de cogomelos

O programa “As Pontes, Terra de Cogomelos” é unha aposta do Concello das Pontes polo desenvolvemento rural e pola cultura micolóxica en Galicia.

Fuente Concello As Pontes/ ANTONY COARI – GAÑADOR DOCE

As Pontes de García Rodríguez converteuse o sábado 30 de novembro nun fervedoiro de creatividade culinaria coa celebración da final dos concursos de receitas a base de cogomelos, organizados no marco do programa As Pontes, Terra de Cogomelos.

Nesta nova edición foron 19 receitas as que competían por destacar, 10 receitas nas categorías doce e 9 receitas nas categorías salgada. Os concursantes finalistas fixeron entrega do seu prato de forma presencial no local veciñal da Choupana e o xurado avaliou en función da súa orixinalidade, presentación, técnicas empregadas, protagonismo dos cogomelos, aroma e por suposto, o sabor das 10 receitas finalistas.

O xurado da final estivo composto pola profesional da restauración Cristina Fustes, o cultivador en ecolóxico de cogomelos Rafa Corral e o representante da asociación micolóxica Poupariña Richard Gabeiras. Todas receitas participantes formarán parte dun receitario que editarase nas próximas semanas e que estará dispoñible de xeito gratuíto en versión dixital.

No primeiro concurso, dirixido a novos talentos da cociña galega, contou con cinco finalistas.

Fuente Concello As Pontes

Na categoría doce resultou gañador Antony Coari Báez, representando ao CIFP Paseo das Pontes da Coruña, cunha deliciosa crema silvestre de trompeta dos mortos e amendoa con puntos de caqui e aire de amorodo. E na categoría de receitas salada a gañadora foi María García Lago, representando ao IES de Foz, que convenceu ao xurado cunha crema de boletus edulis con abelás tostadas.

Os accésits na categoría salgada foron para Felipe Neto dos Santos co prato milfollas de pataca e champiñóns con picaña de tenreira e a Juan Carlos Agilda Santo coa proposta gyozas de boletus e pato con salsa de castañas e fiúncho. E na categoría en doces o accésit foi para María Fragoso Gundín e os seus bombóns de boletus. No concurso de cocinillas tamén participaron 5 finalistas con afección de desfrutar cociñando e saboreando cogomelos.

Ao igual que no concurso de novos talentos, ao xurado non lle resultou nada doado escoller as mellores receitas, pero finalmente decidíronse polas orixinal proposta de trompeta dos mortos confeitadas con tuétano, puré de pataca e demi glass de lingua de vaca da pontesa María Pico Tembrás, na categoría salgada. E na categoría de sobremesas a gañadora foron as saborosas tartaletas de cantharellus da tamén pontesa Mónica Gómez Ramos.

Os accésits corresponderon ás sparassis crispa á carbonara con boletus edulis de Fátima Filgueira, en salado. E en doces, tortiñas de cogomelos e requeixo do Eume de Tomás Rodríguez e a carne de mazá con cantarelas de Carmen Rodríguez.

Os premios entregados ás persoas finalistas versaron sobre a temática micolóxica, tales como navallas cogomeleiras, permisos anuais de autorización de acceso con fins de autoconsumo ao Couto Micolóxico do Monte Forgoselo, cestas de cogomelos frescos da empresa pontesa Setabella, guías de cogomelos e os premios especiais para os cociñeiros profesionais que consistiron en ser escollidos para facer as demostracións gastronómicas durante a próxima edición da Feira de Fungos e Cogomelos, que no 2025 celebrará o seu 35 aniversario.

Ao remate da entrega de premios, Elena López, concelleira de Axenda Urbana, Turismo, Deporte e Promoción Económica das Pontes, sinalou que “ademais do aspecto culinario, estes concursos son unha ferramenta clave para o desenvolvemento turístico do municipio. Son iniciativas que reforzan o vínculo entre o territorio, a cultura e a natureza, ao tempo que potencian a identidade das Pontes como un destino en micogastronomía».

RESULTADOS CONCURSOS

2a EDICIÓN: Mellor Cociñeiro/a de Cogomelos

CATEGORÍA DOCE: “Crema silvestre de trompeta e amendoa con puntos de caqui e aire de amorodo” de Antony Coari Báez (CIFP Paseo das Pontes – A Coruña)

Fuente Concello As Pontes/ MARÍA GARCIA – GAÑADORA SALADO

CATEGORÍA SALADA: “Crema de boletus edulis con abelás tostadas” de María García Lago
(IES de Foz – Lugo)

3a EDICIÓN: Mellor Cocinillas de Cogomelos

Fuente Concello As Pontes/ MÓNICA GOMEZ – GAÑADORA DOCE

CATEGORÍA DOCE: “Tartaletas de cantharellus” de Mónica Gómez Ramos

CATEGORÍA SALADA: “Trompeta dos mortos confeitadas con tuétano, puré de pataca e demi glass de lingua de vaca” de María Pico Tembrás

Fuente Concello As Pontes/ MARÍA PICO – GAÑADORA SALADO

 

Lea también

Neda recibe la visita de uno de los ‘foodtruck’ de la campaña GALICIA SABE AMAR

Esta gastroteca móvil estará operativa de 12 a 15 horas y, por la tarde, de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *