EPEF Racing Team da UDC, 3º posto na carreira de vehículos eléctricos en Cartagena

O EPEF Racing Team, integrado por alumnado de grao, de máster e de programas de doutoramento da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña (UDC), acadou o terceiro posto na carreira de vehículos eléctricos Greenpower Iberia UPCT South-East que tivo lugar o pasado domingo no Circuíto de Cartagena, da man a Escuela Técnica Superior de Ingeniería Industrial da Universidad Politécnica de Cartagena (UPCT).

Completan o podio, na categoría F24+ (de 16 a 25 anos), o IES Fuente Fresnedo de Laredo (Cantabria), quen logrou o primeiro premio, e o Kastro Sport Team do IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes (A Coruña), logrando a segunda posición nun evento internacional que premia a condución eficiente e sustentable.

Nesta gran final rexional participaron un total de 10 equipos, integrados por alumnado de ESO, BACH, Formación Profesional (FP) e de Universidade, procedentes de Andalucía, Galicia, Cantabria, Madrid, Murcia e de Valencia, nas Categorías F24 (de 11 a 16 anos) e F24+ (de 16 a 25 anos).

Outros galardóns obtidos en 2024

Este é a terceira vez que o alumnado do Campus Industrial de Ferrol resulta galardoado nunha competición deste tipo. De feito, o pasado 19 de outubro acadaron o premio á Best Engineered KitCar na Estrada Urban Race, a primeira carreira urbana de vehículos eléctricos de Galicia que organizaron, nas inmediacións do Pavillón Poliderportivo Manuel Soto Ferreiro, a Xunta de Galicia e o Concello da Estrada en colaboración con Greenpower Iberia.

A maiores, no mes de xuño, obtiveron este mesmo galardón na I Carreira Greenpower de Galicia que tivo lugar no circuíto de karting pontés da man da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), baixo o paraugas do Campus Industrial da Universidade da Coruña, e en colaboración coa Escudaría As Pontes Motorsport.

Lea también

Lectura en Ferrol del manifiesto por el Día Internacional de las Personas con Discapacidad

El salón de recepciones del Ayuntamiento de Ferrol acogió en la mañana de este martes …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *