Ares comeza co Nadal iluminando os mellores desexos da veciñanza

A concellaría de Cultura presentou un ano máis o simbólico acto que dá inicio ao Nadal en Ares: ‘Ilumina os teus desexos’, o evento no que se decora unha das árbores máis próximas á Ponte da Ciscada grazas á colaboración dos máis pequenos da vila e as súas familias.

Será este mércores 4 de decembro, ás 17:30 horas, no parque Rosalía, e comezará primeiro coa decoración da árbore para despois pendurar os bos desexos do 2025 das familias aresáns con tarxetas que inclúan mensaxes e toda a ilusión das crianzas da localidade.

Xusto despois de rematar a decoración, prenderanse todas as luces de Nadal de Ares, comezando así coa tempada festiva no municipio.

Lea también

Papá Noel protagoniza en Neda siete encuentros con niños en distintas zonas de la villa

Papá Noel visita este martes la localidad de Neda para saludar a los chavales y …