O Ciclo Mestre Mateo trae a Valdoviño o documental “Chichi e máis eu”

A sesión está especialmente dirixida ás persoas participantes nos talleres municipais de estimulación cognitiva, pero aberta ao público en xeral.

O auditorio da casa da cultura acolle este xoves 28 a partir das 11:00 horas, a proxección do documental «Chichi e máis eu»,sobre a vida de Xesús Campos Álvarez, coñecido como Chichi Campos, autor homenaxeado no Día da Ilustración neste 2024. O pase inclúese no Ciclo Mestre Mateo, e terá como público ás persoas participantes nos talleres de estimulación cognitiva que organiza semanalmente o Concello de Valdoviño.

Ademais, ábrese tamén a calquera persoa que estea interesada no visionado da cinta de Nico Campos, que asina o guion xunto a Marcos Estebo e Ana Ponte. O documental percorrerá a vida e obra de Chichi Campos, pioneiro do cómic galego, loitador antifranquista, galerista e humorista. Unha das figuras máis esquecidas da cultura galega que, cando morreu, deixou moitas preguntas que, 3 décadas despois, se responden nesta obra.

Na cinta interveñen Mariqui Campos, Mary Campos, Paloma Campos, Tata Campos, Luís De Llano, Víctor Barús, María Ripoll, Xosé Díaz, Antón Mascato, Pepe Carreiro, Concha Lago, Jacobo Bermejo, Ángel Ezama, Suso Iglesias, Manuel Manquiña, Antonio Durán “Morris”, Ricardo Rodríguez, Piedad Cabo e Eric Campos.

Lea también

Valdoviño acoge el taller “Creatividade pola Igualdade: puntadas que rachan estereotipos”

En el marco del programa “Somos y Contamos” la Biblioteca Municipal de Valdoviño acoge este …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *