“Conversas no Parador” con Pablo Diego Moreda alcalde de Cedeira e presidente da Asociación Xeoparque Cabo Ortegal

Este mércores 27 de novembro, ás 10:30 horas terá lugar no Parador de Turismo de Ferrol unha nova edición do encontro informativo “Conversas no Parador” que ven organizando o Club de Prensa de Ferrol coa participación do alcalde de Cedeira e presidente da Asociación Xeoparque Cabo Ortegal Pablo Diego Moreda Gil cuia participación nestas conversas permitirá achegármonos á actualidade e ás estratexias asociadas ao desenvolvemento dun proxecto que ten gran importancia na diversificación da actividade económica, cultural e turística do territorio que abrangue o Xeoparque.

Un territorio que desde maio de 2023 pertence á rede mundial de Xeoparques Unesco Global Geoparks, e que abrangue os municipios de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, cunha extensión de arredor de 799 km² de superficie (632 en terra e 167 de fronte marítima costeira), e que contan con algo máis de 28.000 habitantes distribuídos en 57 parroquias e 1.211 entidades de poboación.

Extensión da que os xeólogos que participaron no proceso de avaliación cualificaron de “extraordinaria, tanto pola súa riqueza e variedade , como pola súa extraordinaria dimensión xeográfica”. Singularidades que tamén foron destacadas polos xeólogos do Comité Científico ás que engadiron “as do seu valor cultural, incluíndo a lingua e cultura”.

Lea también

La muestra de vehículos de carreras eléctricos abre la semana de la movilidad de Ferrol

El circuito de seguridad vial se traslada al jueves ante la predicción de lluvia para …