Intervención do SPEIS de Narón por un accidente na AG-64

 
 
 
Os bombeiros do SPEIS de Narón recibiron un aviso do Centro Integrado ás Emerxencias-CIAE-112 Galicia ás 15:00 horas deste lúns dun accidente de tráfico con feridos rexistrado na AG-64, no quilómetro 10 en dirección Ferrol, á altura da parroquia de Pedroso.
 
Á súa chegada ao punto atóparonse cun vehículo, un Alfa Romeo, precipitado ao regato que pasa pola zona, tras unha saída de vía e caer por unha terraplen duns 4 metros de desnivel, do que a condutora saíu polo seu propio pé. No punto realizaron as primeiras asistencias sanitarias ata a chegada do persoal médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cunha ambulancia de soporte vital básico, na que mais tarde trasladaron á muller aos servizos de urxencia do hospital «Arquitecto Marcide» do Complexo Hospitalario Universitario-CHUF de Ferrol, se doíase dunha dor cervical.
 
Colaborou no rescate a Garda Civil de Tráfico e operarios de Mantemento en Estradas. A intervención rematou ás 15:30 horas.

Lea también

La Audiencia Provincial de A Coruña condena a diez años de cárcel a la vecina de Paderne que asesinó a su marido

La sección segunda de la Audiencia Provincial de A Coruña, de conformidad con el veredicto …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *