Un centenar de persoas participa en Narón no flashmob con motivo do 25N

O Pazo da Cultura acolleu na tarde deste luns 25 ás 17:00 horas, un flashmob organizado polo Concello de Narón con motivo do 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero.
 
 
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu o acto acompañada pola edil de Igualdade, María Lorenzo, e outros representantes da corporación local naronesa, así como veciños e veciñas da cidade. En total, preto dun centenar de persoas participaron nesta iniciativa.
 
A rexedora local agradeceu a participación de todas as persoas asistentes á convocatoria e recordou que este ano faleceron catro mulleres en Galicia vítimas da violencia machista e 42 en España, as dúas últimas esta fin de semana, en Sevilla e Alacante (neste último caso unha menor asasinada presuntamente tamén por un menor).
 
Ferreiro denunciou esta lacra social e incidiu na necesidade de que o conxunto da sociedade continúe traballando para erradicala e poder vivir nunha sociedade libre e igualitaria. Trala súa intervención gardouse un minuto de silencio en recordo de todas as vítimas de violencia de xénero.
 
 
 
A continuación, a través dunha coreografía montada para o flashmob Raíñas, os participantes reivindicaron un ano máis a tan necesaria igualdade real entre homes e mulleres e amosaron a súa repulsa contra calquera tipo de violencia a través da música e do baile. Unha proposta que ensaiaron previamente no Pazo -tamén puideron estes días, ao dispoñer dun enlace coa coreografía- para despois realizalo conxuntamente.
 
Dende o Concello organizouse ademais unha exposición na Biblioteca sobre “Mulleres contra a violencia de xénero”, que se pode ver ata este sábado, e un obradoiro de defensa persoal que se impartiu en centros de ensino da cidade e tamén no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros para mulleres de Narón, sendo a última sesión este mesmo sábado.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle un espectáculo de danza e música tradicional

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado 30, ás 20:00 horas, un espectáculo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *