Cerdido celebra o Día do Maior

A área recreativa O Castro acolleu un ano máis o Día do Maior de Cerdido, un evento organizado polo Concello e a Asociación Cultural Albar Quercus no que a xente maior da localidade puido gozar de numerosas actividades.

 
 
A xornada deu comezo desde primeira hora da tarde coa representación da obra teatral ‘Comedia Bífida’, por conta do grupo de teatro ‘terras de Outes’, a continuación serviuse unha merenda con chocolate de balde para todas as persoas asistentes e finalmente a música en directo do Trío Bohemia despediu a tarde facendo bailar aos participantes.
Na xornada, Herminia, das Cabanas, recibiu un premio en recoñecemento por ser a asistente de maior idade aos seus 92 anos.

Lea también

Neda organiza en marzo un taller práctico para preparar “Cenas rápidas y saludables para el día a día”

Abierta ya la inscripción online para esta actividad municipal gratuita. El Ayuntamiento de Neda organiza, …