Venres 22 de novembro de 2024
Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: De 17:00 a 20:00 Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
O obradoiro de defensa persoal para mulleres de Narón organizouno o Concello no marco do programa de actos conmemorativos do 25N, Día Internacional da Violencia contra as mulleres. A actividade requería inscrición previa.
Actividade: Coñecendo o Concello de Narón Hora: 18:00 Lugar: Biblioteca municipal
Os menores de entre 5 e 7 anos son os destinatarios desta actividade lúdica a través da que se lles ensinará a coñecer o funcionamento do Consistorio e tamén algúns dos datos e elementos máis representativos da cidade. A actividade requería inscrición previa.
Actividade: XXXV Gala do Deporte de Narón Hora: 21:00 Lugar: Pazo da Cultura
Unhas 900 persoas asistirán esta noite á XXXV Gala do Deporte de Narón, un acto no que a alcaldesa, Marián Ferreiro, entregará o premio ao/á Mellor deportista do Ano de Narón e tamén se concederán varios recoñecementos a deportistas e entidades.
Sábado 23 de novembro de 2024
Actividade: XIX Trofeo de Tiro con arco Cidade de Narón Hora: 9:30 Lugar: Complexo polideportivo municipal da Gándara
Un total de 109 arqueiros e arqueiras de Galicia e doutras comunidades participarán neste torneo, o de maior participación organizado na cidade polo Concello e o Club Arco Narón.
Actividade: Día de Narón Hora: De 11:30 a 15:00 e de 16:30 a 20:00 Lugar: Praza 23 de novembro/Pazo da Cultura/Auditorio municipal
O programa de actos pódese consultar no enlace: https://naron.gal/docs/cartaz-dia-de-naron.jpg
Actividade: Izado da bandeira de Galicia Hora: 12:00 Lugar: Casa da Cultura
O Concello súmase á iniciativa da Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza Vía Galega e levará a cabo o izado da bandeira de Galicia no balcón da Casa da Cultura. A proposta lévase a cabo para popularizar e propagar os nosos símbolos nacionais, entre eles o himno e a bandeira.
Actividade: Hamelín Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura
A compañía Redrum Teatro trae a Narón este espectáculo, dirixido por Ález Sampayo e dirixida a todos os públicos. Abórdase o tema da pederastia cunha linguaxe e escenas cheas de elipses, onde o espectador debe poñer da súa parte para interpretar e encher os silencios. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.