“Campaña de Nadal do comercio de Narón”

O Concello de Narón organiza un ano máis unha campaña promocional do comercio de Narón que se desenvolverá do 2 ao 29 de decembro. Así o indicou a edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, anunciando que os responsables de pequenos comercios e locais de hostalería interesados en participar poden anotarse nas diferentes propostas, unha enfocada aos comercios, outra de decoración exterior dos establecementos comerciais e hostaleiros e outro exclusivo para este último sector.

A campaña de promoción do comercio repartirá papeletas á clientela polas compras realizadas para poder participar no sorteo de catro cestas de Nadal con produtos de proximidade, e tres vales de compra, por importe de 1.000, 600 e 400 euros (para trocar en todos os casos en tres ou máis establecementos dos participantes).

Os participantes poderán anotarse ao longo de toda a campaña, e unha vez inscritos entregaráselles unha urna na que terán que ir depositando as papeletas do sorteo. Para anotarse hai que escribir un correo electrónico á dirección nadalnaron2024@gmail.com indicando no asunto “Campaña de promoción do comercio” e facilitando o nome e apelidos da persoa responsable, o do comercio e un teléfono de contacto.

Outra das propostas, o certame de decoración exterior dirixido ao comercio e á hostalería, para o que hai que anotarse no mail: nadalnaron2024@gmail.com ou a través do número de Whatshapp 672 591 409 e terán que enviar a esa dirección, ademáis dos seus datos e un teléfono de contacto, unha ou máis fotografías da súa decoración de Nadal.

Tres persoas pertencentes a entidades representativas dos ámbitos do comercio, a hostalería e a decoración elixirán ao establecemento gañador, que recibirá como agasallo unha decoración exterior para o local realizada por un profesional do sector.

Neste caso o prazo de inscrición rematará o 10 de decembro. “A nosa intención é encher as rúas de espírito navideño, ambientalas e levar esa decoración do Nadal fóra dos establecementos para compartila cos veciños e tamén coa clientela”, explicou a concelleira.

Por último, está a iniciativa “Datas saborosas”, unha novidosa proposta dirixida a establecementos da cidade que ofrezan ceas, menús especiais ou comida para levar durante as datas festivas do Nadal. A través desta iniciativa terán a oportunidade de comunícalo para aproveitar a difusión que se realizará desta campaña. Os interesados en participar teñen que enviar un mail cos seus datos a nadalnaron2024@gmail.com antes do 29 deste mes de novembro.

A concelleira de Promoción Económica animou aos representantes do sector na cidade a sumarse a estas iniciativas e tamén á veciñanza de Narón e doutros concellos a participar activamente nesta campaña para poder obter algúns dos agasallos que se sortearán nestas datas.

“Queremos promocionar o comercio e a hostalería locais, que ofrecen unha gran variedade de produtos á cidadanía, reforzando o comercio de proximidade e a calidade dos produtos que se ofrecen á clientela”, recalcou Ameneiro.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …