O Ateneo Ferrolán proxecta o filme «Linda» dentro da programación 25N

Este venres dia 22 as 19.30h dentro da programación do 25N “Día contra a Violencia Machista” o Ateneo Ferrolán proxecta no salón de actos o filme “Linda” (1929), un drama que segue a historia dunha cativa de 15 anos atrapada nun matrimonio forzado cun home maior polas decisións da sua familia.

O matrimonio infantil que aínda se permite en moitos países estaba totalmente normalizado nos anos 20 en occidente. Ao longo da película, Linda loita coas limitacións impostas polo contexto patriarcal da sociedade, casamento imposto, violencia , maternidade non escollida, falta de educación, malia todo a chegada doutra muller a axuda a crer en buscar a súa liberdade e que pode acadar a ledicia persoal.

Nunha época no que o común non eran directoras mulleres Dorothy Davenport (1895-1977) ten o valor de tocar sen ambaxes o tema da falta de liberdade da muller.

Dorothy Davenport foi unha actriz, guionista, produtora e directora estadounidense pioneira na industria do cinema. Comezou á súa carreira como actriz durante a era do cinema mudo e máis tarde converteuse nunha das primeiras mulleres en dirixir e producir películas.

Trala tráxica morte do seu esposo, o actor Wallace Reid, debido a unha adicción aos medicamentos receitados, Davenport enfocouse en realizar películas de ton social, abordando temas controvertidos como a adicción, a moralidade e as dificultades das mulleres.

A súa película Human Wreckage (1923), sobre os perigos da drogadicción, foi especialmente significativa neste sentido e marcou o comezo da súa carreira como directora de temas sociais. Entre os seus traballos máis notables como directora atópase Linda (1929), un drama que explora os desafíos dunha nena atrapada nun matrimonio imposto, abordando temas de independencia e loita feminina nunha sociedade restritiva.

Davenport deixou un legado como unha das primeiras mulleres na industria en abordar problemáticas sociales a través do cinema, desafiando os estándares de Hollywood da época. O seu labor pioneira axudou a abrir camiño para futuras xeracións de mulleres cineastas.

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *