Narón conmemora o 25N con actividades varias

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Igualdade, María Lorenzo, presentaron a programación do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, María Lorenzo, presentaron os actos cos que o Concello conmemorará este mes o 25N, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. A programación a desenvolver dará comezo, tal e como avanzou a edil, este luns 18 xornada na que se abrirá na Biblioteca do Alto a mostra bibliográfica “Mulleres contra a violencia de xénero”.

Dende ese día ata o 30 deste mes poderanse ver nas citadas instalacións, dentro do horario de apertura habitual, diverso material relacionado con esta temática. O Concello organizou ademais unha nova edición do obradoiro de defensa persoal para as mulleres, que terá lugar os días 22 e 30 deste mes, de 17.00 a 20.00 e de 10.00 a 13.00 horas respectivamente, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.

Este obradoiro diríxese a mulleres e nenas a partir de 12 anos empadroadas en Narón e o prazo de inscrición rematará o vindeiro luns. Poden realizarse, de balde, chamando ao número de teléfono 633 497 990 en horario de 8.00 a 14.00. Este mesmo obradoiro realizouse en centros de ensino da cidade, de terceiro curso da ESO dos colexios Santiago Apóstol, Jorge Juan, Ayala, IES As Telleiras e CPI do Feal.

Finalmente, na xornada do propio 25N haberá un flashmob pola Igualdade, aberto á participación da cidadanía en xeral. Trátase dunha coreografía reivindicativa e colectiva que se levará a cabo na praza da Igualdade, na Gándara, ás 17.00 horas, baixo o nome de Flashmob Raíñas.

As persoas que desexen participar poderán inscribirse ata o día 25 ás 12.00 horas a través do enlace: https://tinyurl.com/mpkdzvzb.

As persoas inscritas recibirán un enlace a través do que poderán descargar un vídeo didáctico co que ensaiar previamente os pasos, sinxelos e asequibles. A coreografía rematará cunha consigna en lingua de signos, tamén incluída no enlace.

Dende o Concello recomendase chegar á praza da Igualdade ás 16.30 horas para poder ensaiar previamente e tamén levar roupa cómoda sendo unha das prendas exteriores de cor violeta. Unha vez rematado o flashmob dará comezo o acto institucional do 25N no que poderán participar todas as persoas que o desexen.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, animou ás veciñas e veciñas a participar nestes actos “co fin de sumar forzas e reivindicar a necesidade do fin de calquera manifestación de violencia contra as mulleres e construír entre todas e todos un mundo máis igualitario”.

Lea también

La Xunta licita obras de mejoras en carreteras de Narón, As Pontes, As Somozas y San Sadurniño

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitó este lunes por importe de 2.017.639 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *