FeC denuncia o desleixo da Malata e esixe unha auditoría da depuradora de Prioriño

Ferrol en Común denuncia o desleixo no entorno da Malata por parte do goberno municipal e esixe unha auditoría técnica inmediata da depuradora de Prioriño.

Fuente FeC

Con respecto ó «desleixo no entorno da Malata» Ferrol en Común insta «a adecuación da Ponte que atravesa Fimo de forma inmediata, tomando as medidas oportunas para garantir a seguridade das persoas».

«O entorno da Malata é un punto neurálxico de esparcemento e lecer, e o estado calamitoso de moitas das instalacións municipais fan que as actividades poidan ser limitadas e mesmo perigosas».

«A esa ponte, que pode propiciar accidentes e roubos, ao estar aberto e dar entrada ao recinto, súmase a valla lateral das instalacións deportivas, pegada ás pistas de pádel municipais, que deixa unha caída de máis de tres metros sen ningún tipo de protección».

Fuente FeC
Fuente FeC

«A maiores o estado xeral das beirarrúas, a cuberta de Fimo con chapas que voan a cada temporal , os bancos do paseo en estado calamitoso, a iluminación pública nula ou deficiente no Paseo da Malata, dan fe da nefasta xestión do actual goberno nos problemas que verdadeiramente importan á cidadanía, un goberno que no canto de ocuparse do benestar cidadá adícase a presentar macroproxectos de cartón pedra que nada aportan máis que lavados de imaxe por falta de iniciativa» concluen

Fuente FeC

Con respecto á esixencia dunha auditoría técnica inmediata da depuradora de Prioriño, Ferrol en Común expón «o día 07.11.2024 recibiuse no Rexistro do Concello por parte de Augas de Galicia un informe que observa que unha vez examinados os resultados analíticos en data 31.10.2024 correspondentes ao mes de setembro no que os valores obtidos para os parámetros coliformes totais e coliformes fecais nos controis da primeria quincena (66.000 e 30.000 ufc/100 ml)»

«E da segunda quincena de setembro de 2024 (120.000 e 36.000 ufc/100 ml, respectivamente) superan os límites autorizados (50.000 ufc/100 ml para coliformes totais e10.000 ufc/100 ml para coliformes fecais) e no que require ao Concello unha xustificación das causas que motivaron os incumprimenrtos detectados para os parámetros coliformes totais e coliformes fecais e asi como a adopción de medidas ao respecto».

FeC esixe «unha resposta inmediata por parte do Concello, ante a posibilidade de que non se estean a depurar as augas residuais de Ferrol, como aconteceu en 2015, polo que demandamos que os enxeñeiros municipais se despracen a inspeccionar o lugar e se dea unha explicación pública e transparente dos feitos en Comisión de Urbanismo e Servizos».

Lea también

La ferrolana Daría Blanco Núñez recogió la «faba de plata»concedida por la Asociación de Asturianos

“Recibir este premio es un honor que me llena de orgullo, por dos motivos muy …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *