BNG de Ferrol solicita a retirada da placa homenaxe a Franco na rúa María

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol solicitou ao goberno local, no transcurso da comisión informativa de urbanismo, que «condicione a licencia de obras que ten previsto outorgar para o inmoble da casa natal do ditador Francisco Franco á retirada da placa homenaxe a Francisco Franco existente na fachada deste inmoble para dar cumprimento así a a Lei de Memoria Democrática».

Iván Rivas, portavoz municipal do BNGformalizou expresamente esta solicitude e «lamentou a resposta do goberno local ao respecto quen por boca da edil de urbanismo dixo quen non ten pensado facer nada en relación a retirada desta placa, que é unha cuestión que non lles preocupa».

Iván Rivas, portavoz nacionalista, asegurou que «o concello de Ferrol non pode seguir ignorando nin a Lei nin os múltiples acordos plenarios promovidos, entre outros polo BNG, solicitando a eliminación da simboloxía franquista que aínda perdura na nosa cidade». Rivas defendeu que «é a hora de librarnos completamente dos retazos que o franquismo e o seu réxime aínda mantén na nosa cidade principalmente pola dignidade de non enxalzar unha ditadura fascista que provocou milleiros de mortos froito da represión cruenta que practicou».

O BNG lembra que «a Lei 20/2022, de 19 de outubro, de Memoria Democrática, que no seu artigo 35, recolle expresamente que: “cando os elementos contrarios á memoria democrática estean situados en edificios de carácter privado ou relixioso, pero con proxección a un espacio ou uso público, as persoas o institucións titulares ou propietarias dos mesmos deberán retiralos ou eliminalos”

BNG defende «limpar completamente a nosa cidade daquelas referencias que aínda perduran en lugares públicos como é a placa existente na fachada da casa natal do ditador Francisco Franco que enxalza a súa labor como caudillo de España. Lembra tamén a placa inaugural existente na Porta Nova da nosa cidade (praza de España), a estatua a González Llanos ou dirixirse ao cabildo do Hospital Juan Cardona para esixir a retirada da estatua de homenaxe a Camilo Alonso Vega existente nos xardíns das súas instalacións».

Lea también

El Concello de Ferrol adjudica la redacción del proyecto de reurbanización del Sánchez Aguilera

Uno de los grandes proyectos en esta ciudad está más cerca de ponerse en marcha …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *