Conferencia no campus de Ferrol sobre “O Impacto da Intelixencia Artificial na Construción Naval”

A delegación territorial en Galicia do Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos e a Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España, celebrará o vindeiro 19 de novembro no Salón de Actos do Vicerreitorado do Campus de Ferrol a Sesión AINE/COIN-EPEF “O Impacto da Intelixencia Artificial na Construción Naval”, en colaboración coa Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol.

Esta conferencia maxistral explora o papel transformador da intelixencia artificial (IA) na industria da construción naval, destacando o seu potencial para revolucionar o deseño, a produción e a eficiencia operativa. A medida que a IA continúa avanzando, ofrece oportunidades sen precedentes para a innovación no sector naval e marítimo, dende a optimización de deseños de embarcacións e a mellora da automatización en estaleiros ata o perfeccionamento preditivo e a mellora da sostenibilidade ambiental.

A conferencia profundará nas aplicación actuais da IA, as tendencias futuras e os desafíos que enfronta a enxeñería naval na adopción destas tecnoloxías. Os asistentes acadarán unha visión sobre cómo a IA pode impulsar unha vantaxe competitiva e dar forma ao futuro da industria naval.

Nesta ocasión, a conferencia será impartida polo D. Rodrigo Pérez Fernández, Doutor Enxeñeiro Naval, Master of Business Administration (MBA), Máster en Direción de Sistemas de Información e Comunicacións (MDSIC) e Diplomado en Altos Estudos da Defensa. Na actualidade é Software Engineering Senior Director en Siemens Digital Industries Software. Anteriormente ocupou o cargo de Global Portfolio Development Director na mesma empresa, e durante máis de 15 anos foi responsable da Área Naval Militar e Director de Proxectos en SENER.  Compaxina a súa actividade na empresa privada coa Universidade, donde é Profesor na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Navais (ETSIN) da Universidade Politécnica de Madrid, coordinando diferentes materias dende o 2013.

Inscricións: ESCANEA O CÓDIGO QR E ACCEDE Á INSCRIPCIÓN ou a través do seguinte enlace:

https://lnkd.in/dv_Pb8h9

 

Código QR

Descripción generada automáticamente

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol votaron paralizar los trabajos de aceros de las F-110

Los operarios de Navantia Ferrol han aprobado este miércoles, mediante un referéndum con voto en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *