O Concello de Somozas celebra o Día das Bibliotecas coa campaña «Libros Libres»

Esta iniciativa consistiu na entrega de once caixas de libros, tanto en galego como castelán, e de coñecemento e ficción para todas as idades, que se entregaron en varios establecementos do municipio. Estes libros proceden do expurgo da colección da biblioteca municipal en busca dunha segunda vida, fomentando a sustentabilidade e a reciclaxe.

As persoas interesadas poderán atopar estes exemplares nos seguintes establecementos: Casa Amando, Cervexería o Carballo, Café Bar A Roda, Mesón A Esquina, Casa Jarel, Casa Ameneiro, Café Bar A Rodela, Autoservicio Sumaga, Farmacia Francisco Javier López e nas perruquerías de Azucena e Mónica.

Tras a iniciativa, o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, destacou “a importancia deste tipo de iniciativas que, mediante o reparto de libros do fondo expurgado, podemos outorgalle unha segunda vida a estes exemplares e fomentar a sustentabilidade e a reciclaxe”.

Lea también

Rapaces do CPI As Mirandas, Ares, indagan na construción dunha sociedade máis igualitaria

Ao longo do mes de novembro, como parte das programacións polo 25N en Ares, estudantado …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *