Os bombeiros provinciais da Coruña seguen traballando na limpeza e salvamento de Paiporta e Picanya

Fuente Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Os seis bombeiros do Consorcio Provincial da Coruña, procedentes dos parques de As Pontes, Betanzos e Carballo, mobilizados á Comunidade Valenciana, realizaron nestes primeiros días no levante peninsular labores de achique.

Fuente Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña
Fuente Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

O domingo 10 o seu traballo principal desenvolveuse no casco urbano de Paiporta, zona cero da traxedia, onde levaron a cabo tarefas de achique en fosos de ascensores e montacargas. Tamén interviñeron no soto da biblioteca municipal, onde tiveron que esperar a que descendese o nivel de monóxido no interior para poder continuar coas labores.

Fuente Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña
Fuente Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Posteriormente, foron desprazados a Picanya, á zona do paseo da Primavera, a máis afectada do municipio. Alí, o traballo centrouse na limpeza e achique de garaxes en domicilios particulares. Está previsto que este luns 11 de novembro, continúen traballando nesta área.

Lea también

O Museo do Humor Xaquín Marín, Fene, entrega os Premios Curuxa 2025

Coa entrega dos premios Curuxa do Humor 2025, o Museo do Humor Xaquín Marín dá …