Asotrame leva a cabo charlas de sensibilización sobre donación de médula ósea

Asotrame leva a cabo este xoves 14 de novembro, en colaboración co Concello de Ames, distintas charlas informativas na localidade sobre o cancro hematolóxico, o impacto deste diagnóstico, e a doazón de medula ósea.  Haberá accións destinadas á veciñanza en xeral e outras específicas para o público escolar.

Persoal da Asociación galega de persoas transplantadas de medula ósea e enfermidades oncohematolóxicas e voluntariado da entidade achegaranse ao municipio para dar a coñecer que é iso do cancro do sangue (leucemias, linfomas, mielomas…), como dá a volta a vida da persoa e dos súa contorna inmediata, e de que maneira se pode axudar a salvar a vida destes pacientes.

Ata cinco grupos de terceiro da ESO do IES do Milladoiro participarán nas actividades de sensibilización. Nelas abordarase, entre outras cuestións, a necesidade de fomentar a doazón de medula (en propiedade células nai do sangue). Un xesto totalmente altruísta e anónimo, ao alcance de calquera persoa sa de entre 18 e 40 anos que pode salvar a vida de pacientes que precisas, ao fallar o resto dos tratamentos, un transplante de medula para salvar a vida.

Saíndo do ámbito escolar, farase unha charla, aberta ao conxunto da cidadanía, a partir das 19 horas, no Pazo da Peregrina. Unha sesión na que se abordarán as distintas estratexias de afrontamento da enfermidade, os servizos que presta Asotrame para mellorar a calidade de vida dos pacientes e as familias e, como non, da necesidade de normalizar a doazón de medula.

Varios superviventes, que deixaron atrás a enfermidade, grazas a un transplante de medula ósea, participarán nas sesións, ofrecendo o seu testemuño en primeira persoa da dura experiencia que lles tocou vivir.

A iniciativa é posible grazas ao apoio do Concello de Ames, que concedeu neste 2024 unha axuda no marco das súas subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social.

Lea también

La huelga indefinida de transportes de la provincia se retomará el miércoles si no hay acuerdo

La huelga de transportes de viajeros por carretera de la provincia de A Coruña se …