Nova saída diúrna coa delegación de Ferrol da SGHN a Doniños

A actividade será de 10:00 a 13:00 horas aproximadamente e conta cun límite de prazas de 20 persoas.

 

A delegación de Ferrol da SGHN Sociedade Galega de Historia Natural ofrece una nova actividade de divulgación no medio natural dentro do seu programa de actividades «OUTONOS NATURALISTAS« baixo o patrocinio da Deputación da Coruña. Neste caso será de carácter diúrno e co fin de contrastar coa nocturna do pasado sábado.

Nesta ocasión, a entidade naturalista guiará ao longo da mañá do sábado 16 un paseo por Doniños. Ao igual que na saída anterior de carácter nocturna, percorrerán o paseo do areal preto do sistema dunar, así como os terreos e o piñeiral no antigo campo de tiro militar, para finalmente visitar a lagoa onde se atopa o observatorio de aves no terreo que foi doado no seu día pola oceanógrafa ferrolá Ángeles Alvariño e o seu home.
 
Durante esta andaina darán a coñecer a xea, flora e fauna local, ao mesmo tempo que a historia que envolve á lagoa e ás súas inmedicacións.

Dende a SGHN indican que a actividade é de dificultade baixa-media, e recomendan levar un calzado cómodo tipo montaña ou no seu lugar botas de auga, así como roupa acorde coa meteoroloxía prevista para esa xornada. Para a correcta inscrición na actividade, é preciso contactar coa delegación de Ferrol no correo electrónico ferrol@sghn.org e facilitar nome completo, DNI e un teléfono de contacto. Por esixencia do seguro, as persoas maiores de 65 anos deberán facilitar tamén a súa data completa de nacemento.

 
 

Lea también

Las IV jornadas Micológicas de Neda concluyen con la visita al área recreativa de Maciñeira

Una decena de personas ha participado en la mañana del sábado 30 en la tercera …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *