O Campus Industrial de Ferrol amosa todo o seu potencial no Congreso ModiñaLab

 
O director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez, participou, este venres 8 de novembro, no II Congreso ModiñaLab que tivo lugar no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio da Coruña. Baixo o título «Campus Industrial de Ferrol: Fábrica de Talentos«, Míguez presentou o máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sostible, titulación que se imparte desde este curso 2024/25 na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), e grao en Xestión Industrial da Moda, vinculado á Facultade de Humanidades e Documentación.
 
Tamén aproveitou a súa intervención para salientar boa parte das iniciativas emprendedoras nadas no campus ferrolán baixo o paraugas da Universidade da Coruña a través do Programa Explorer, en colaboración co Santander, ou do I Concurso Iniciativa Emprendedora, xunto coa Fundación Ronsel, entre outras iniciativas.
 
Onte, xoves 7 de novembro, a Fundación Luis Seoane da Coruña acolleu a primeira sesión deste II Congreso ModiñaLab, organizado polas empresas Galicia de Moda e Diesemn Events & Management. O programa desta xornada incluíu unha mesa de debate sobre sustentabilidade na que participaron a coordinadora do máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sostible, Elena Arce, e a profesora do grao en Xestión Industrial da Moda, Vanessa Mato, xunto co xastre e propietario de Sastorial, Alejandro Freire, e o propietario da mercería La Crisálida, Ramón Santos.

Lea también

Ferrol da la bienvenida a Papá Noel y sus elfos en su «fábrica mágica» de Nadalia

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, la delegada territorial de la Xunta en …