Xornada de animación sociodeportiva na Malata, promovida polo Club Ferrol Atletismo e a Federación de Atletismo

Nas pistas de atletismo da Malata, preto de 60 rapaces e rapazas participaron este venres nunha xornada de animación sociodeportiva promovida polo Club Ferrol Atletismo e a Federación de Atletismo no marco do Plan Corresponsables da Secretaría Xeral para o Deporte.

Os menores realizaron probas como o salto de lonxitude, lanzamento de balón ou carreiras de relevos. Recibiron ademáis a visita  da delegada territorial  da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, a cal puso en valor “o compromiso da Xunta coa mellora da calidade de vida a través da práctica deportiva e con propostas de conciliación que, neste caso, tamén permiten o equilibrio entre o tempo laboral, familiar e persoal”.

O Plan Corresponsables da Xunta, que alcanza este ano a súa terceira edición, financia servizos de coidado profesional con actividades de animación sociodeportivas para nenas e nenos de ata 16 anos. A Federación Galega de Atletismo, que percibiu unha achega de 73.722 euros, é unha das beneficiarias da presente convocatoria que contou cun orzamento conxunto de 1,7 M€.

Lea también

O Parrulo Ferrol empezará la Primera División en A Malata el 6 de septiembre

Este 1 de julio empieza oficialmente la temporada 2025-2026 y esta también era la fecha …