Érica Esmorís e Rosa Aneiros ganan o XVIII Premio Raíña Lupa de LIX

É a primeira edición na que o certame convoca e outorga os galardóns nesas dúas categorías independentes.

Fuente Diputación de a Coruña Xurado Raíña Lupa

O XVIII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, da Deputación da Coruña, xa ten ganadoras: Érica Esmorís, na modalidade Infantil, pola obra “Terás que crela”, e Rosa Aneiros, na modalidade Xuvenil, por “Unha historia de amor como outra calquera”. É a primeira edición na que o certame convoca e outorga os galardóns nesas dúas categorías independentes.

A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado que integraron os vogais Rafael Fernández Lorenzo, Iria Misa, Leticia Barbadillo, Raquel Senra e Carlos Negro. Como secretaria actuou Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes; e tamén estivo presente nas deliberacións Marcos Sánchez, d‘A Forxa Producións, coordinadora dos premios e concursos convocados pola institución provincial.

De “Terás que crela”, o xurado destacou “a potencia da voz protagonista, o sentido do humor e a proposta lúdica da historia”. “A mentira”, abunda o comité, “é motor da ficción que enriquece a vida da protagonista e que lle permite valorar o extraordinario da vida cotiá”.

Fuente Diputación de a Coruña Xurado Raíña Lupa

Para o xurado, “Unha historia de amor como outra calquera” é unha novela “de aprendizaxe, con sentido do humor, que establece un contraste interesante entre o mundo cotiá da adolescente protagonista e o mundo científico da Antártida. É unha obra áxil, que se lee con agrado, con estrutura circular e que fai un uso da lingua actual e vivo. Incide, ademais, nas relacións interpersoais na familia e na conciencia ecolóxica, e destaca a orixinalidade de presentar o amor máis alá das relacións románticas na adolescencia”.

O Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, impulsado pola área de cultura da Deputación, ten como obxectivo fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo dos máis pequenos e facer memoria desta personaxe de lenda vinculada ás terras de Compostela.

Lea también

Continúan los conciertos de Navidad en Ferrol, Ultramar

La AVV Ultramar continua este fin de semana con sus tradicionales conciertos de Navidad, en …