Nova saída nocturna coa SGHN de Ferrol a Doniños

Será coa intención de detectar morcegos, avenoiteiras e demais fauna nocturna, así como percibir e espertar sentidos xa esquecidos.

Penencia-Doniños
A delegación de Ferrol ofrece una nova actividade de divulgación no medio natural, dentro do seu programa de actividades «OUTONOS NATURALISTAS» baixo o patrocinio da Deputación da Coruña.
Nesta ocasión, a entidade naturalista brinda a posibilidade de participar nun paseo nocturno por Doniños previsto para a tarde-noite do sábado 9, no que percorrerán o paseo do areal preto do sistema dunar así como os terreos e piñeiral no antigo campo de tiro militar, para visitar finalmente a lagoa onde se atopa o observatorio de aves situado a carón dela no terreo doado pola oceanógrafa Ángeles Alvariño e o seu home.
 
Durante esta andaina, intentarán detectar morcegos, avenoiteiras e demais fauna nocturna, mentres espertan e perciben sensacións descoñecidas ou xa esquecidas cos sentidos do olfacto e oído.

Dende a SGHN indican que a actividade é de dificultade baixa-media, e recomendan levar un calzado cómodo tipo montaña, ou no seu lugar bota de auga, así como roupa acorde coa meteoroloxía prevista para esa xornada.

Para a inscrición na actividade, é preciso contactar coa delegación de Ferrol no correo electrónico ferrol@sghn.org e facilitar nome completo, DNI e un teléfono de contacto, para poder tramitar o correspondente seguro. A actividade será de 18:00 a 21:00 horas e terá un límite de prazas de 20 persoas.

Por esixencia deste, as persoas maiores de 65 anos deberán facilitar tamén a súa data completa de nacemento.
(localización en Google Maps:  https://maps.app.goo.gl/9PESnHdGSgbZP64S6 ).
 
 
 

Lea también

Miriam Casillas, entre las máximas favoritas en la Copa del Mundo de Florianópolis

La olímpica del Triatlón Ferrol varía de rivales en la prueba brasileña con respecto a …