O CIRS de Cervás, Ares, celebra actos do Centenario

O CIRS (Centro Instrutivo, Recreativo e Social) de Cervás disponse a celebrar unha intensa programación para esta fin de semana, dentro das actividades que está a desenvolver co gallo da celebración do Centenario da fundación da entidade, no ano 1924.

Na programación, centrada nas tradicións do samaín e magostos, o venres día 8 a partir das 20 horas celebraráse outra nova edición do“Roteiro das ánimas polos camiños de Cervás”; cunha comitiva que percorrerá camiños da parroquia nos que irán aparecendo misteriosas persoaxes. Unha actividade que chega á terceira edición, e na que en anos anteriores participou numerosa veciñanza, especialmente crianzas.

Ao día seguinte, sábado 9, terá lugar a última das andainas que, baixo o epígrafe de “100 qm para 100 anos” desenvolveuse desde o pasado mes de Agosto con tres etapas: a primeira entre Espasante e O barqueiro, a segunda e terceira (suspendidas daquela polo mal tempo) entre Laxe-Arou-Camariñas; e a terceira entre os concellos de Miño e Ares, celebrada o pasado 14 de outubro.

Esta cuarta etapa, a derradeira, desenvolveráse polas ribeiras de Cervás, partindo ás 9 da mañá do local do CIRS e percorrendo todo o litoral de Cervás e Chanteiro, para subir logo á zona de Montefaro e rematar finalmente nun pequeno xantar das persoas participantes no local da sociedade.

Como remate da xornada, celebraráse o tradicional magosto a partir das 20 h, nos que as persoas participantes poderán degustar castañas, liscos e das tradicionais “mariquitas”; acompañadas de bebida e arrufada pola música tradicional. 

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …