Cerdido comenza o seu programa de compostaxe caseira

A casa da cultura de Cerdido acollerá ás 19:30 horas deste venres 8 de novembro, unha formación e a posterior
entrega dos composteiros a todas as persoas inscritas no programa de compostaxe caseira.

A través de dita iniciativa, os veciños recibirán de forma totalmente gratuíta un composteiro de 400l de capacidade e aireadores, así como a formación precisa para levar a cabo o proceso de compostaxe.

A proposta, que se desenvolve colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU, procúrase capacitar á poboación para a transformación de materia orgánica en compost; mellorar a eficacia da recollida selectiva mediante a separación previa da materia orgánica; reducir o volume de residuos que debe recoller o ente municipal; concienciar á poboación sobre o papel que xoga a compostaxe na xestión dos residuos orgánicos, e aproveitar esta actuación como punto de partida para o desenvolvemento doutros programas de educación ambiental.

Lea también

Rapaces do CPI As Mirandas, Ares, indagan na construción dunha sociedade máis igualitaria

Ao longo do mes de novembro, como parte das programacións polo 25N en Ares, estudantado …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *