Recollida de axuda en Narón para as persoas afectadas pola DANA en Valencia

O Concello de Narón e o Centro de Recursos Solidarios organizan unha recollida de axuda que se destinará ás persoas afectadas pola DANA en Valencia.

Con esta finalidade, abriranse as instalacións do Centro de Recursos Solidarios, ubicado no polígono da Gándara (nas inmediacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz), de luns a venres entre as 10.00 e as 13.00 e dende as 16.30 ata as 19.30 horas.

A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, indicou que tamén se instalará un colector de recollida no pavillón polideportivo municipal da Gándara e nas instalacións do SPEIS, no polígono de Río do Pozo. Así mesmo, tamén os haberá na Cooperativa do Val (O Val e Xuvia), supermercado Migros (Xuvia) e no Centro Comercial Narón.

En canto á recollida, recordouse que dende a Federació Valenciana de Municipis i Provincies prioriza que se doen auga, leite, fiames, pan de molde, latas de atún, artigos de limpeza persoal e doméstica, cueiros e compresas.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *