Rematadas as prospeccións en Narón para localizar unha fosa común no cemiterio do Val

O grupo de investigación de Histagra (Historia Agraria e Política Rural da Universidade de Santiago de Compostela) iniciou este luns 4 unha nova prospección no cemiterio parroquial do Val para tratar de localizar unha fosa común na que habería 51 vítimas do franquismo.

Os edís Román Romero, Mar Gómez e Pablo Mauriz, integrantes do goberno local, desprazáronse este mediodía ata a zona para falar co equipo que está traballando, onde tamén están representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática e algúns veciños.

As prospeccións realízanse agora na parte frontal dunha ringleira de nichos do citado camposanto, onde tratan de buscar algúns indicios máis de que poida estar alí ubicada a fosa común. Dende o equipo de Histagra explicaron que os traballos se executarán durante as dúas vindeiras semanas, aínda que o tempo podería ser superior en función de cómo avancen e dos resultados do mesmo.

O equipo prevé rematar a primeira fase de identificación este mesmo ano, para obter a información que permita determinar se é posible realizar unha exhumación, cuestión para a que terán que contactar coas familias. Os representantes do goberno local trasladaron ao equipo o apoio do Concello naquelas áreas nas que fose preciso para continuar avanzando nestes traballos e saldar unha débeda histórica cos milleiros de persoas asesinados na Guerra Civil e na posguerra.

Este labor realízase ao abeiro do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para actuacións dentro do Plan Cuatrienal de Memoria Democrática de Galicia 2021-2024.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *