FalaRedes achega a mocidade de Fene ao mundo do cómic

O alumnado de primeiro da ESO do IES de Fene participa este luns 28 nun obradoiro creativo de construción de personaxes de cómic, no marco do programa de dinamización do galego FalaRedes, que promove a Secretaría Xeral da Lingua para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) coa colaboración da concellería de Cultura de Fene. O debuxante Alberto Guitián será o encargado de impartir a actividade na que tomarán parte trinta e dous rapaces de 12-13 anos.

Qué é o máis importante á hora de inventar unha personaxe: o aspecto visual ou a súa personalidade? No obradoiro Creando personaxes de cómic! os/as participantes descubrirán as claves e técnicas para construír personaxes de BD e debuxarán tiras coas súas creacións.

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Alberto Guitián fai ilustración para carteis, portadas, produtos, libros e publicidade. Colaborador nas revistas de humor Mongolia, El Jueves, Mister K, Retranca e O Botafumeiro, tamén realiza fondos e storyboards de animación. Ten impartido máis de 50 obradoiros e clases maxistrais de BD e ilustración en Galicia e Cataluña.

Foi coordinador da Guía Ninja do ilustrador da AGPI. Ten publicado os volumes monográficos de BD e ilustración Fito & Pita (Retranca, 2009), Petaco (Diábolo, 2010; edición en francés en 2013),·El Circo Lorza (Dibbuks, 2011) e Solo tinta (Polaqia, 2012).

Algunas das súas obras máis destacadas foron: a gráfica e dirección artística dos espectáculos da compañía El Retrete de Dorian Gray, 2006-2018; cartelería para o Entroido do Concello da Coruña, 2017; exposición El Circo Lorza, MIHL (Lugo), 2014; Chico & Rita (longam.: fondos), Estudio Mariscal, Barcelona, 2010; ilustracións para xogo de mesa Oca do Camiño de Santiago, Ográfico / Ideas Peregrinas, 2010. E, entre os premios que recibiu, salientan o do Salão do Humor Gráfico de Vila Real, Portugal, 2000-2005, e un accésit no Certamen de Cómic e Ilustración Injuve 2003.

Lea también

Fene inicia esta fin de semana o XV Concurso de Tapas con numerosos premios para o público e os establecementos participantes

Quen complete a “Fenerruta” optará a unha viaxe a Londres, Milán, Málaga ou Sevilla, entre …